O procedemento de "Solicitude de axudas do plan complementario adherido ao fondo de financiación para a reactivación económica e social" ten por obxecto regular as axudas a conceder polo Concello de Ordes, adherido ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña, aprobadas coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego
no seu termo municipal e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos/as. (Ver Bases)
Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:
Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".
Dende o día 09/08/2021 ata as 23.59 horas do día 30/08/2021
No anexo IX Declaración Responsable de cumprimento de requisitos e deberes, enumérase a documentación que o concello poderá, no seu caso, requirirlle aos beneficiarios/as.
Con todo, os solicitantes que xa presentasen dita documentación con obxecto da solicitude do PEL REACTIVA: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña do Concello de Ordes, ao amparo do disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, unicamente deberán presentar a solicitude de subvención.
Nome: Solicitude de axudas do plan complementario adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.