Sede electrónica Concello de Ordes

16:21:51 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa de salvamento e socorrismo acuático

Permite presentar electronicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas do programa de salvamento e socorrismo acuático.

Accións formativas:

  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais: febreiro 2021
  • Socorrismo e instalacións acuáticas: setembro 2021

A inscrición realizarase nunha única solicitude para participar nas dúas accións formativas, obtendo así a dobre titulación, iniciándose en primeiro lugar a formación en socorrismo en espazos acuáticos naturais de xeito que as prácticas sexan coincidentes coa tempada de praias do ano en curso coa posterior incorporación, ao remate das mesmas, á formación en instalacións acuáticas.

 Cartel

Calquera persoa física que cumpra os requisitos:

  • Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
  • Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes
  • Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas.
  • Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.

Proba de natación

As persoas candidatas, no caso de superar as solicitudes o número de prazas de cada edición,  terán que superar probas de natación. Para efectualas é necesario levar o día que se lles cite para as probas: traxe de baño deportivo, gorro de piscina, gafas de natación, chancletas e toalla:

  • Nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4´15” (catro minutos 15 segundos) e realizar, sen impulso, 20 metros en apnea.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN DIXITALIZADA A ACHEGAR NA DATA DA ENTREVISTA

  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a presentación é telemática).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Informe de Vida Laboral actualizado a data da inscrición ou Certificado negativo de alta no sistema de seguridade social.
  • Acreditación do nivel académico que permita o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2.

Nome: Solicitude de inscrición para as accións formativas do programa de salvamento e socorrismo acuático.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.