Sede electrónica Concello de Ordes

01:18:52 Domingo 24 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Prórroga de licenza de obras

O procedemento "prórroga de licenza de obras" regula o outorgamento dunha prórroga para dar inicio ou ampliar o prazo de execución das obras amparadas por unha licenza concedida con anterioridade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de prórroga de licenza de obras.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • A partir da segunda prórroga, indicar na solicitude o orzamento pendente de executar e achegar o certificado da arquitecta ou arquitecto onde conste este importe.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Prórroga de licenza de obras.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.