Sede electrónica Concello de Ordes

07:14:13 Luns 18 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas do plan complementario adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento de "Solicitude de axudas do plan complementario adherido ao fondo de financiación para a reactivación económica e social" ten por obxecto regular as axudas a conceder polo Concello de Ordes, adherido ao Fondo de Financiamento promovido pola Deputación da Coruña, aprobadas coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego
no seu termo municipal e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da Covid-19, nas microempresas e autónomos/as. (Ver Bases)

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".

Dende o día 09/08/2021 ata as 23.59 horas do día 30/08/2021

  • Solicitude
  • Anexo VIII.
  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado). 
  • Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.
  • Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.
  • Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos desde o seis meses previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF..
  • Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE

No anexo IX Declaración Responsable de cumprimento de requisitos e deberes, enumérase a documentación que o concello poderá, no seu caso, requirirlle aos beneficiarios/as.
Con todo, os solicitantes que xa presentasen dita documentación con obxecto da solicitude do PEL REACTIVA: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña do Concello de Ordes, ao amparo do disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, unicamente deberán presentar a solicitude de subvención.

Nome: Solicitude de axudas do plan complementario adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                       Presencial.