Sede electrónica Concello de Ordes

10:34:42 Mércores 20 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude recollida de animais

O procedemento de "solicitude de recollida de animais" regula a retirada, por petición da cidadanía, de animais en estado patente de abandono na vía pública.

Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen solicitarlle ao Concello a recollida de animais.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de recollida de animais.

Nome: Solicitude de recollida de animais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Non se aplica.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.