Sede electrónica Concello de Ordes

01:02:28 Mércores 18 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Certificado urbanístico

O  procedemento de "certificado urbanístico" regula o outorgamento de calquera certificado proveniente da área de urbanismo, relativo ao expediente urbanístico dunha leira, parcela ou solar. En particular:
 
 

  • Certificado de existencia de licenza.
  • Certificado de existencia de expediente de reposición da legalidade urbanística.
  • Certificado de estado de tramitación de expediente urbanístico.

Calquera persoa física ou xurídica que pretenda obter un certificado de urbanismo.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de certificado urbanístico.
  • Plano de localización. Plano do inmoble/parcela/edificio obxecto de tales informacións.
  • Xustificante de pago das taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Certificado urbanístico.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.